Empresa fundada no ano 1950 por D. José Alonso Rodríguez e a súa muller Dª Encarnación Rodríguez Rodríguez. A súa primeira ubicación foi de forma simultanea na rúa da Feira nº 15 e na Estrada Xeral nº 55 en A Pontenova (Lugo), sendo a actividade a venda ó por menor de materiais de construcción, saneamento e ferro.
Anos despois prodúcese o traslado ó nº 38 da mesma Estrada Xeral, sendo esta a sede das actuais oficinas centrais.
En 1968 falece o fundador da empresa, facéndose cargo do negocio a súa viúva e os seus fillos. Amplíase o negocio nos anos 1969-70 coa construcción dunha primeira nave de 800m2 nas aforas de A Pontenova onde comeza o Taller de Ferralla. En 1976 realízase a construción de 2 naves adicionais cunha superficie total de 1700m2 ubicadas xunto á nave orixinal, aumentando con esto as instalacións e producindo un incremento significativo no volumen de negocio.
No ano 1984 constitúese en Sociedade Limitada coa inscripción no Rexistro Mercantil de Lugo con fecha 28 de novembro, dándolle o nome de Ferros Alonso, SL. En 1987 prodúcese a apertura dun almacén en Vegadeo, na comunidade de Asturias. Son 2 naves cunha superficie total de 900m2 e cun parque exterior de 500m2. En 1996 continúa a expansión da empresa coa apertura dun novo centro de negocios; neste caso son 2 naves cunha superficie total de 1400m2 e un parque exterior de 1300m2 na localidade de Ribadeo (Lugo). No ano 2000 constrúese unha nave máis en A Pontenova de 800m2, ubicada no polígono industrial da localidade. Esta nova nave está adicada exclusivamente ó almacenaxe de ferro.
O ano 2004 supón un cambio significativo na empresa, xa que se constrúe unha nave de 1000m2 xunto as naves da saída de A Pontenova, sendo trasladado todo o taller de ferralla dende o lugar orixinal a esta nova ubicación de moderna construcción e adaptada ás novas tecnoloxías o que supuxo un aumento considerable da producción e a posibilidade de ofrecer ós nosos clientes un servicio máis rápido e de maior calidade.
Todo esto supón que na actualidade dispoñemos dunhas completas instalacións adicadas a almacéns de aproximadamente 7000m2 con un parque exterior de 4000m2, así como 1000m2 máis de oficinas, exposición e local comercial no centro de A Pontenova. Ademais contamos cunha moderna flota de camións equipados con grúa que nos permite ofrecer un servicio de calidade ós nosos clientes.
Atenderémoste encantados e ofrecerémosche o mellor dos servizos.