TALLER DE FERRALLA


Taller de ferralla

 

Situado no almacén de A Pontenova, levamos desde mediados dos anos 60 elaborando ferralla para a construción. No ano 2005 produciuse a apertura dunha nova nave de 950 m2 a onde se trasladou integramente o taller de ferralla. Esta nave conta coa máis moderna tecnoloxía:
• Enderezadora SCHNELL EURA 16 para colorrugados ata 16mm
• Estribadora SCHNELL PRIMA
• Carro de corte ALBA CMP- 25 para colorrugados ata 25mm
• 2 Dobradoras de ferralla UGAROLA para corrugados ata 32mm
• Carro de montaxe en circuito pechado ARMATRONIC


Con todo isto conseguiuse un aumento considerable da producción para así poder ofrecer aos nosos clientes un servizo máis rápido e satisfactorio.
Traballamos con ferro corrugado en rollo ata 16mm e en barra ata 32mm en 6, 12 e ata 14 metros de longo.
Toda a nosa ferralla está elaborada unicamente con calidade B500SD, cumprindo todas as Normativas e Certificados de Calidades e realizada con soldadura tipo MAG con fío de carrete.
Ademais, dispoñemos dun moderno programa informático de ferralla para facer de forma eficiente calquera tipo de cálculo (pesos, despece de vigas, etc).

 

Se estás interesado en calquera dos nosos produtos ou servizos non dubides en chamarnos.

Atenderémoste encantados e ofrecerémosche o mellor dos servizos.